Ducia e media de voces en Criticalia blog de Armando Requeixo.
"PENÚLTIMO ACTO"(acción poética), vive entre versos e canta coa beizón da lúa chea que as acubilla nas noites circulares e poéticas. As nosas raíces saen dunha terra feraz a carón dun río bulideiro, onde rexurdimos con voces irredentas que se alimentan das árbores do seu pasado. Deitadas entre o alcacén e enchoupadas polas verbas que se transmiten a través do vento maino, sentimos o bico da natureza nos nosos beizos e ficamos, soñando na leira longa das palabras...
Sábado, 17 de Março de 2012
Sexta-feira, 16 de Março de 2012
Presentación de "Dezaoito" na Libraría Pedreira de Compostela
| Dezaoito na Libraría Pedreira |
| Iolanda Aldrei e Cruz Martínez |
| Alexandre Insua, rosanegra e Jaime Moreda |
| Virgílio Liquito |
Onte quinta feira, presentamos 18 na capital cultural da Galiza. A Libraría Pedreira fíxonos sentir integrantes dunha gran familia poética. A palabra escrita e a recitada fusionáronse nun ambiente acolledor e agarimoso. O noso agradecemento ás persoas que se achegaron a este acto e por suposto á Libraría Pedreira, todo un referente na cidade polo apoio á cultura. Moitas grazas!
Quarta-feira, 14 de Março de 2012
GaliciaConfidencial- Ducia e media de voces
"Dezaoito poderosas razóns, por tanto, para facerse con este 18 e deixarse engadar polas moi variadas propostas que as autoras e autores do Círculo Poético Aberto nos ofrecen neste volume, unha boa mostra de como a comuñón na palabra vence calquera obstáculo e amplifica as posibilidades de facer oír as voces."
Artigo de Armando Requeixo
Para ler o texto completo entra en:
Artigo de Armando Requeixo
Para ler o texto completo entra en:
Terça-feira, 13 de Março de 2012
Segunda-feira, 12 de Março de 2012
Domingo, 11 de Março de 2012
Círculo Poético Aberto + presentación "Bandeiras da Galiza"
| Foto tirada por Jose Goris |
![]() |
| Cruz Martínez e José Manuel Barbosa Álvares durante a presentación do libro "Bandeiras da Galiza". |
| Fernando Rodríguez Carpizo e Iria Bragado |
| Alice Macedo Campos |
| Henrique Dória |
| José Manuel Barbosa |
| Manuel Vidal Villaverde |
| Ro Chilega |
| Dores Pereira |
| Alexandre Insua |
| Cruz Martínez |
| rosanegra |
Onte sábado 10 de marzo, houbo unha nova edición do Círculo Poético Aberto. Comezamos o acto coa presentación da segunda edición do libro "Bandeiras da Galiza". O autor José Manuel Barbosa fixo un amplo e interesante percurso pola historia e a simboloxía galega dende o seu primordio ata a actualidade. Rematamos o evento co recital poético dos autoras/es galegos e portugueses que se achegaron ao Negra Sombra, para agasallar cos seus versos a un público entregado á lírica..
Aquí deixamos unhas instantáneas dos/as poetas durante o recital.
O Movemento Circular é imparábel!!!
Terça-feira, 6 de Março de 2012
GaliciaDixital. 18 poetas, só 18
"18 poetas, só 18, de momento, completan a incontinencia de poetas que procuran futuro para a nosa lingua en moitas das modalidades expresivas e de forma que neste libro fican expostas. Cada un destes 18 poetas proclama a súa liberdade creadora, que xa non é pouco. Así é como este grupo de poetas conforma seu apousento no Olimpo da poesía galega actual."
Artigo de Xosé Lois García
Se queres ler o artigo completo entra en:
Artigo de Xosé Lois García
Se queres ler o artigo completo entra en:
Subscrever:
Mensagens (Atom)

