domingo, 26 de fevereiro de 2012

A SOMBRA DO INIMIGO

Manuel Vidal Villaverde a carón do seu admirado Valle-Inclán



II
REGRESO

              A Miguel Anxo Fernán-Vello

ROCOCÓ das vellas feridas,
barroquismo nos rostros,
vento naif na alma dos inocentes,
toda unha canción beiral de setembro:
Un negro de espello bebe coca-cola
mentres a tarde le a páxina glauca
dos primeiros ollos.
Pero todo parece ausentarse de si,
as palabras, os acenos,
a música en curva onírica de sol,
clave maior onde penduran as últimas notas,
o viaxeiro que outra vez regresa a este outono.

segunda-feira, 20 de fevereiro de 2012

A segunda presentación de dezaoito

"dezaoito" no Porto


Virgílio Liquito, Henrique Dória (no fondo), Li Viana...



Fernanda Garcias
Carlos Vinagre
Fátima Vale

Bruno Miguel Resende
Alberto Augusto Miranda



Júlia Moura Lopes




quinta-feira, 16 de fevereiro de 2012

Dezaoito en Portugal

Dezaoito, o libro, será presentado  este sábado no Clube Literário do Porto. Esta obra que é unha antoloxía galego-portuguesa unifica 18 voces heteroxéneas nun canto unísono e circular por amor á palabra viva.
Presentarán o acto: Henrique Dória, Virgílio Liquito e Carlos Vinagre.
Intervirán tamén: Li Viana, Bruno Miguel Resende e  Fátima Vale.
Dende Galiza: Dara Escribano, Simón Cabo, Cruz Martínez, rosanegra...
Estades tod@s convidad@s!.
Non vos perdades o seu lanzamento na nosa terra irmá, o país do fado!.

http://clubeliterariodoportofla.wordpress.com/2012/02/16/lancamento-do-livro-18-antologia-poetica/




domingo, 12 de fevereiro de 2012

Círculo + presentación de RANHURA

rosanegra, Carlos Vinagre, Virgílio Liquito, Fernando Rodríguez, Cruz Martínez, Manolo Pipas e Fernanda Garcias.
Carlos Vinagre (autor do libro) e Virgílio Liquito na  presentación de ranhura.


ranhura


Fernanda Garcias
Manolo Pipas


Fernando Rodríguez




O Círculo Poético Aberto de febreiro tivo o pracer de contar no seu acto coa presentación do libro ranhura. O  seu autor Carlos Vinagre acompañado de Virgílio Liquito como presentador, deleitaron aos asistentes coas verbas poéticas que emanaban das páxinas... Os versos tamén foron recitados polos poetas presentes no magno evento.
Seguidamente o habitual recital poético, fixo da noite un acontecemento cálido e aberto á expresión artística. Pasando por "Negra Sombra" os xa mencionados poetas e ademais:  Manolo Pipas, Fernanda Garcias, Fernando Rodríguez, Cruz Martínez e rosanegra. 

quarta-feira, 1 de fevereiro de 2012

SEGURAMENTE MOITAS COUSAS...

Seguramente moitas cousas
buscan ser cantadas por min;
o que atrona sen palabras,
o que afía a pedra no escuro,
o que a través do fume irrompe.
As miñas contas aínda non teño feitas
co lume, o vento e a auga;
así sucede que nos meus soños,
de súpeto, ábrense anchas portas
ordenándome que siga o rastro
da estrela da mañá.

ANNA AJMÁTOVA
(1888-1966)

Traducido por Rosa Martínez vilas (rosanegra)