segunda-feira, 29 de outubro de 2012

Nova edición Círculo Poético Aberto





Nesta ocasión comezaremos o acto coa presentación de: 

"Nântia e a cabrita d'ouro" de Concha Rousia  e a seguir, teremos o habitual recital. 

Acompañarannos: Trisquel-Art (José Goris, Cruz Martinez e rosanegra), Alexandre Insua, Henrique Dória, Nolim Gonzalez, Mário Lima, Virgílio Liquito... 



Achegádevos ao "Negra Sombra" e gozade cunha noite diferente, mergullad@s na maxia da poesía.



Romance juvenil de Concha Rousia na senda dos mundos fantásticos cuja protagonista é Nântia, uma miúda de 13 anos enfrentada, talvez, a um desafio superior às suas forças.

“Os olhos de Ébora furaram a névoa que a separava de Nântia, acabava de ver como a pequena dialogava com a parelha de pássaros; sem mover os lábios ela e as duas rolas se comunicaram. Ébora estava observando a cena com muita atenção; sim, aquele tinha sido um momento longamente aguardado pola sábia, mas 
afinal ali estava; era a confirmação de que Nântia estava pronta...”.

 Concha Rousia









Radio Redondela Verbas do Viaduto



quinta-feira, 25 de outubro de 2012

Penúltimo Acto en Radio Redondela

Durante o programa "Verbas do Viaduto" con: Luísa Cayetano, Nuria Guardiola e Lorena. 

Cruz Martinez e rosanegra. As fotos foron tiradas por 
Alexandre Insua Moreira, amigo e autor tamén do libro "Dezaoito". 
Onte mércores estivemos en Radio Redondela, convidadas por Luísa Cayetano. Foi unha tarde agradábel en moi boa compañía. Moitas grazas Luísa, Nuria e Lorena por acollernos no voso poético espazo.  
No programa falouse do acto "Círculo Poético Aberto", do libro galego-portugués  "Dezaoito" e do novo colectivo artístico multidisciplinar "Trisquel-Art".




domingo, 14 de outubro de 2012

Círculo de outubro

Alice Macedo Campos, Anxo Blas, rosanegra, Alexandre Insua Moreira,
Henrique Dória, José Goris Cuinha, Cruz Martinez, Ana Bernárdez,
Raquel Pazos Garrido, Luísa  Henriques e Virgílio Liquito. (Foto tirada por Luis).
Foto tirada por José Goris Cuinha
Luisa Henriques

Alice Macedo Campos
rosanegra
Henrique Dória
Cruz Martinez
Virgílio Liquito
Anxo Blas
Raquel Pazos
Manolo Pipas

quarta-feira, 10 de outubro de 2012

domingo, 7 de outubro de 2012

18 no Bou Eva

Presentación de 18 no Bou Eva. De esquerda a dereita: Cruz Martinez,
 rosanegra, Virgílio Liquito, Alexandre Insua e Iria Bragado
05/10/2012.
Fotos do evento tiradas por José Goris Cuinha.



Manolo de Rinlo, Suzana Guimarãens, Ernesto e Anxo Angueira acompañaron aos integrantes de Dezaoito e recitaron poesía.


Na sexta feira, 5 de outubro, presentouse "Dezaoito" na A.C.Bou Eva en Vigo. Esta é a segunda presentación que se fai na cidade Olívica, a primeira foi no Café Uf . 18 xa estivo no Porto (Clube Literário do Porto), Compostela ( libraría Pedreira e FestiGal), Ourense (Tetería Grândola), Ribadavia (La huella del gato)...
Grazas aos amig@s e aos poetas que se achegaron para compartillar connosco a súa poesía. 
Para ver máis fotos entra na ligazón de Picasa Dezaoito.