domingo, 7 de outubro de 2012

18 no Bou Eva

Presentación de 18 no Bou Eva. De esquerda a dereita: Cruz Martinez,
 rosanegra, Virgílio Liquito, Alexandre Insua e Iria Bragado
05/10/2012.
Fotos do evento tiradas por José Goris Cuinha.



Manolo de Rinlo, Suzana Guimarãens, Ernesto e Anxo Angueira acompañaron aos integrantes de Dezaoito e recitaron poesía.


Na sexta feira, 5 de outubro, presentouse "Dezaoito" na A.C.Bou Eva en Vigo. Esta é a segunda presentación que se fai na cidade Olívica, a primeira foi no Café Uf . 18 xa estivo no Porto (Clube Literário do Porto), Compostela ( libraría Pedreira e FestiGal), Ourense (Tetería Grândola), Ribadavia (La huella del gato)...
Grazas aos amig@s e aos poetas que se achegaron para compartillar connosco a súa poesía. 
Para ver máis fotos entra na ligazón de Picasa Dezaoito.    

terça-feira, 18 de setembro de 2012

O vídeo do Círculo II

Aquí está a segunda parte do Círculo. Grazas a tod@s por participar!
 "Cronoloxía dun transeúnte" de Cruz Martinez
 "ANIMAL"  de  rosanegra  (Rosa Martinez)  

quarta-feira, 12 de setembro de 2012

O Círculo en vídeo I

I parte do vídeo Círculo Poético Aberto de setembro.
    Vídeo de Raquel Pazos Garrido
Fotos de José Goris. Poema  recitado "Existimos" 
de rosanegra.Vídeo realizado por José Goris Cuinha.

domingo, 9 de setembro de 2012

Imaxes do Círculo

José GorisCuinha, Eduardo Roseira, Raquel Pazos Garrido, Virgílio Liquito, Anxo Blas, 
Carlos Vinagre, Carlos Pereira, Cruz Martinez, Agostinho Magalhães, 
Nolim Gonzalez e rosanegra. (foto tirada por Ana Bernárdez).
Henrique Dória
Mário Vale
Xavier Queipo
Xesús Alonso Montero


Outro Círculo Poético Aberto que remata con música e poesía; a poesía da Galiza e Portugal amenizada co baixo americano. Moitas grazas a tod@s @s participantes e a tan paciente público. Obrigadas!
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/11479.html

segunda-feira, 27 de agosto de 2012

"Os olhos de Ébora furaram a névoa que a separava de Nântia,...

..."acabava de ver como a pequena dialogava com a parelha de pássaros; sem mover os lábios ela e as duas rolas se comunicaram."

Concha Rousia con esta novela xuvenil de misterio mergúllanos na "aventura de Nântia, dos seus amigos e inimigos, transporta-nos a um mundo antigo, mas próximo, e a um lugar que é o mesmo que habitamos hoje."