sábado, 12 de janeiro de 2013

pedras de Plastilina


"no cárcere... alí aprendín que a paz non
 existe..."
"Espílete, que os mestres non van corrixir os
 exercicios,..."

Palestina-Galiza. O poeta e os versos, o poeta e as imaxes...
O pasado martes 8, Moncho Iglesias presentou "pedras de Plastilina" en Cartabón. Acompañado de Camilo Nogueira que fixo o limiar do libro. Moncho recitou os seus poemas e falou de Palestina... da vida en Palestina...

sábado, 8 de dezembro de 2012

fragmento de "Contemplo o proceso inevitábel da despedida"




Os fotogramas sucédense 
e medran argumentos que cría afastados
 esquecidos
Áchome no reverso 
varada fronte aos meus naufraxios
abatida 
Pero, acaso chovía 
ou era unha bágoa impertinente
que abría o ceo do verso triste? 


Cruz Martinez Vilas


Primeiro premio no XXVI Certame de Poesía "Rosalía de Castro"
decembro, 2012  Cornellá - Barcelona.  


sábado, 24 de novembro de 2012

Poema a nove mans


Concha Rousia, Henrique Dória, Virgílio Liquito, José Goris, Luisa Cayetano, Carlos Pereira, Alexandre Insua, Cruz Martinez e  rosanegra.



(escrito no Círculo Poético aberto)


VIRGILIO LIQUITO
Como este poeta recita…!      
faz colagens intuitivas

cola os teus olhos co sol
os teus olhos de cavalo almiscarado        
correndo atrás da luz

encontrei  um  pirilampo paralítico
largando ovos de arestas ondulantes            

Escutando o som das vôces de todas as noites
Que não vivi, escutando os silêncios que gritam,     
Olhando as miradas com os olhos fechados

Fíos namoradeiros que lembran
lágrimas alumeadas na longa noite sin lúa      

e me dou en xeo e sen frío
e me dou enteiro pero sen todas as miñas partes       

as unllas que se foron co vento novo
e as ferriñas, oxidadas, coa memoria tamén se foron      

Cantemos  os alalás da terra
a voz máis bela que xurde neste intre              
no café da lírica

A voz do pasado, das cantigas, dos cánticos
que me levan a un novo mundo
O mundo das 7 mulleres
O número máxico
O Símbolo da terra e do ceo                                     
3+4=7



11 de novembro- 2012