domingo, 21 de junho de 2015

Próximas datas do Círculo Poético Aberto

Estimad@s amig@s,

 Lembrade que non volvemos ata outubro (arriba dia), às 22h no Café Uf em Vigo. Este é un espazo galego e en galego e/ou portugués, aberto á participación de todo o mundo (poesia, música, performance...). Apertas de Penúltimo Acto, sempre agradecidas polo grande apoio recibido.

Cumprimentos
Cruz Martínez e rosanegra


domingo, 17 de maio de 2015

Exposición no UF de Antonio e Etelvino.



 Todo este mes de maio, no Café Uf, estará a exposición pictórica dos nosos amigos, Antonio Vergara e Etelvino González Espiñeira. Non a perdades, achegádevos a tomar unha caña e a gozar entre a pintura impresionista e somerxida na magnífica natureza que nos envolve, nun realismo perfecto do primeiro, e a ensoñación entre felinos do segundo, mollada do surrealismo case abstracto e especial, ateigada de modernismo.
Non agardesdes máis, que maio está a piques de rematar!!.
Os artistas posando no UF 


Penúltimo Acto (Cruz Martínez e rosanegra)
 posando cos pintores.




quarta-feira, 6 de maio de 2015

O Galego, a nosa garantía de futuro!

Penúltimo Acto quere apoiar a manifestación do Día 17 de Maio, o Día das Nosas Letras. Porque sen galego; nin temos futuro, nin temos raíces, nin temos nada. Pois  unha árbore para poder alimentarse e medrar, precisa das súas follas e das súas raíces. Viva o Galego e viva un futuro en Galego!!.

Asina o manifesto:http://www.queremosgalego.org/2015/05/04/manifesto-galego-garantia-de-futuro/

Máis información:
http://www.amesa.gal/queremos-galego-reivindicara-a-lingua-como-a-garantia-de-futuro-do-pobo-galego-este-17-de-maio/
http://www.queremosgalego.org/ (cidades e horarios)

quarta-feira, 29 de abril de 2015

Até outubro amig@s!

Estimad@s amig@s,

 Lembrade que volvemos en outubro, agora imos facer un descanso do Círculo. Así que, o 10 de outubro (segundo sábado do mes) de 2015 ás 22h, estaremos no Café Uf  "Negra Sombra Blues" en Vigo , coma sempre!. Grazas por todo.

Vémonos pronto!!
Cruz Martínez e rosanegra