Os fotogramas
sucédense
e
medran argumentos que cría afastados
esquecidos
Áchome
no reverso
varada
fronte aos meus naufraxios
abatida
Pero,
acaso chovía
ou
era unha bágoa impertinente
que
abría o ceo do verso triste?
Primeiro premio no XXVI Certame de Poesía "Rosalía de Castro"
decembro, 2012 Cornellá - Barcelona.