sábado, 29 de outubro de 2011

CONTRAPICADO DOBRE


DIME que só tu habitas este mundo
e que nunca ninguén me matou repetidas veces

eu crereite pechando os ollos

ou que cando me beixas se concentra o movemento
todo
na amálgama de saliva e carne quente que nos forma

e eu comezareite a bicar para sempre

dime tamén, se fas favor,
que o teu peito espido non agocha a porta das distancias
que nos percorren o alento de boca a boca

dime que a dirección do ondear dos teus cabelos
dime que o tempo na estación de tren en que te agardo
dime que a liña que trazan os teus pés no chan 
[ lambendo lousas

dime como, se fas favor,
e dime e para que te escoito 

Xabier Xil Xardón  (Premio de Poesía)

domingo, 23 de outubro de 2011

No Gaioso

Cruz  Martínez e rosanegra

José Alberte Corral Iglesias
Ramiro Vidal Alvarinho

Fernando
Lola



Onte sábado,  o Gomes Gaioso acolleu o acto "Círculos Poéticos Abertos". Grazas amigos que nos acompañastes no luscofusco poético!.

sábado, 8 de outubro de 2011

Outro Círculo máis...

Aquí con Proxecto Paralelo (Vivianne, María e Raúl)

Nesta cos amigos (Fita, Lorenzo e Araceli)

Outro Círculo que remata, outro mes que acaba cando empeza. O Círculo Poético Aberto xuntou novos amigos, novas persoas que se achegaron e amosaron a súa creatividade. A que agardas!... O próximo es ti!
Achégate ao vindeiro Círculo, contamos contigo.

Moitas grazas a Proxecto Paralelo e a todas as persoas que nos acompañan.