domingo, 27 de fevereiro de 2011

"Escrever na Cabeça"

 Onte 26 de febreiro en Miramar  presentouse Lembrandt de Alberto Augusto Miranda.
Imaxe dun momento do Acto. A obra ensaística foi presentada por Alexandre Teixeira Mendes. Varios amigos do autor,  leron   fragmentos do libro.  
Alberto Augusto Miranda, Carlos Vinagre, Cruz Martínez, Alexandre T. Mendes, rosanegra e Carlos Silva.

domingo, 20 de fevereiro de 2011

peixes

Cando como peixe...
sinto, que ulo a mar.
O mar das veas circundantes
o mar, interno e inconmensurábel...

rosanegra

quarta-feira, 16 de fevereiro de 2011

Vídeo do Círculo do sábado

O noso agradecemento a tod@s os participantes no Círculo Poético Aberto deste mes.
Beppe Branca, Roi Ferreiro, Concha Rousía, Jaime Moreda, Dara Escribano, Simón Cabo, Samar e Iria Bragado.
Grazas e apertas poéticas de Penúltimo Acto.

domingo, 13 de fevereiro de 2011

Fotos do "Círculo Poético Aberto"

Onte, o Movemento Circular foi inconmensurábel...


Na foto: rosanegra, Simón Cabo, Samar, Enrique Leirachá, Cruz Martínez, Jaime Moreda, Dara Escribano, Beppe Branca, Iria Bragado e Roi Ferreiro.
O Círculo Poético deste mes de febreiro acugulou o Negra Sombra. A música e a poesía enmeigou ao público e a participantes nunha fusión de cadencias, de loita e sentimentos.

Tamén estivo connosco a poeta Concha Rousía ( foto collage: na zona inferior esquerda).

segunda-feira, 7 de fevereiro de 2011

Este sábado 12...

Será no "Negra Sombra" a partir das 21 horas.

Este mes contaremos coa intervención musical de Giuseppe Branca con cantos de "brigantaggio". Os brigantes eran os partisanos do sur de italia cando o sur foi invadido polo norte. Trátase de temas de loita con moito ritmo e melodías emotivas.

A intervención poética estará a cargo de: Alfonso Rodríguez, Iria Bragado, Enrique Leirachá, rosanegra, Cruz Martínez, Fátima, Gaspar Domínguez, Dara Escribano, Simón Cabo, Concha Rousía...


O Círculo Poético Aberto na prensa:

Galicia Confidencial

Convidamosvos ao Círculo Poético Aberto


AELG
Nova edición do Círculo Poético aberto, do grupo Penúltimo Acto

terça-feira, 1 de fevereiro de 2011

palia.

fun á cidade caída a tarde
apagadas as vidreiras
suando aínda o radon
nas paredes de granito

fun nun agoiro
levado por un corro de voces
e de nostalxia arrepentido

de terme lembrado tarde
da cidade onde habito
agora chea de homes
esquecidos de ser homes
engulidos por esperanzas
penduradas nos mastiles
onde as nubes descansan
antes de recoller e irse

fun á cidade chea de labirintos
onde medran as silvas
esfiando os muros
para deixarme devorar
de longas soidades

alí onde o salgueiro chora
e baixo as súas pólas
acolle aos cautivos

fun alí onde antes eran tesouros
agora en chatarra convertidos
para erguela mirada
para matar con ela
a lastima que sinto
por estar aínda vivo
vendo como se vai fuxitiva a cidade
pobre espoliada sen esperanza
co meu silenzo mantido.

Enrique Leirachá.