quarta-feira, 25 de janeiro de 2012
domingo, 22 de janeiro de 2012
Lanzamento de DEZAOITO
O lanzamento do libro galego-portugués acolleu onte a once dos seus autores (José Manuel Barbosa, Iria Bragado, Simón Cabo, Jose Alberte Corral, Henrique Dória, Dara Escribano, Alexandre Insua, Cruz Martínez, Fernando Rodríguez, Alfonso Rodríguez, rosanegra) e a deseñadora gráfica Adriana Pérez. Ás 20 horas no "Negra Sombra" Café Uf en Vigo, foi a primeira das presentacións, que se farán en Galiza e Portugal para divulgar esta obra literaria, na que conflúen 18 voces nun sentimento de unificación cantando ao unísono nun mar de papel. O libro será distribuído polo Consorcio Editorial Galego, en breve estará en todas as librarías da Galiza. |
quinta-feira, 19 de janeiro de 2012
Sábado 21 de xaneiro
http://www.fervenzasliterarias.com/index.php/axenda/icalrepeat.detail/2012/01/21/139/-/presentacion-de-dezaoito-en-vigo.html
http://axendaaelg.blogaliza.org/2012/01/20/vigo-presentacion-da-antoloxia-poetica-dezaoito/
http://www.vigocio.es/
http://aselvadeesm.novaxove.com/2012/01/19/dezaoito-vigo/
http://www.envolventesaspalabras.info/palabras-de-poetas/dezaoito-voces
http://triplov.com/triplo2/2012/01/19/lanzamento-do-libro-dezaoito-en-vigo/
http://www.vigocio.es/
http://aselvadeesm.novaxove.com/2012/01/19/dezaoito-vigo/
http://www.envolventesaspalabras.info/palabras-de-poetas/dezaoito-voces
http://triplov.com/triplo2/2012/01/19/lanzamento-do-libro-dezaoito-en-vigo/
terça-feira, 17 de janeiro de 2012
O vídeo do Círculo de xaneiro
Etiquetas:
aberto,
actos,
café,
círculo,
creación,
cultura,
fotografía,
galiza,
música,
poesía galega,
poesía portuguesa,
poético,
uf,
vídeo,
vigo
domingo, 15 de janeiro de 2012
Unha noite memorábel!!!
Virgílio Liquito, Manolo Pipas, Cruz Martínez, José Peixoto (josé fontes novas), Fernanda Garcias e rosanegra. |
Henrique Dória |
Joaquim Lopes |
Comezou o ano cun novo Círculo Poético Aberto. Un encontro, entre amigos poetas, no que conmemoraron a forza da palabra fusionada coas melódicas cordas da guitarra. A noite rematou cun brinde de viño do Porto. A poesía segue conquistando corazóns!.
Unha aperta a tod@s aquel@s que se achegaron ao Círculo.
Manolo Pipas |
Virgílio Liquito |
Fernanda Garcias |
José Fontes Novas |
Cruz Martínez |
rosanegra |
Etiquetas:
aberto,
actos,
café,
círculo,
creación,
cultura,
fotografía,
galego,
poesía,
poesía galega,
poesía portuguesa,
poético,
uf,
vigo
segunda-feira, 9 de janeiro de 2012
Xa estamos de volta!!!
O Círculo Poético Aberto contará coa presenza de Iria Bragado, Fernando Rodríguez, Virgílio Liquito, Henrique Dória, Fernanda Garcias, Manolo Pipas, Cruz Martínez, rosanegra...
terça-feira, 3 de janeiro de 2012
SUITE DUBLIN
I
os cisnes durmían sobre un campo
de soños e sentado no tren eu repasaba
o futuro. Nunca imaxinei este valor, nunca
enfrontei o frío, o baleiro, o silencio como nesta hora
na que todo fica absorto un refacho de plumas
II
a luz adormeceu nas túas costas
e o frío ficou lonxe
na abandonada extensión da ausencia.
O corpo durmido sobre o corpo
respiraba os impulsos dun latexar insomne
e o cristal do tempo loitaba por penetrar ata o colchón
e demorar nas sabas.
Pero era máis forte a tenrura
máis importante a perfumada pel e a adormecida
espera
(...)
Francisco X. Fernández Naval
Nº 13
Grupo Poético de Aveiro
Fevereiro 2011
Subscrever:
Mensagens (Atom)