quarta-feira, 28 de julho de 2010

Discurso da presentación en Santiago o 24 de xullo


“Penúltimo Acto” quere agradecervos que esteades aquí connosco, para celebrar a nosa primeira presentación do noso primeiro (valga a redundancia) libro colectivo de poesía. Estar en Santiago nun día coma hoxe, tan sinalado... véspera da Patria, é un pracer. Tamén unha grande honra, máis aínda facéndoa en Sargadelos que representa unha icona na cultura galega.
Compostela como capital da Nación, tiña que ser a cidade elixida para comezar a nosa andaina de presentacións por toda Galiza. Esta colleita de versos dos tres integrantes do “(grupo de acción poética): Enrique Leirachá, rosanegra e Cruz Martínez. Intenta ser a palabra que reflicta a contorna na que vivimos, nunha sociedade rota polo individualismo e pola intolerancia idiomática. Nós pertencemos a esa parte importante de galegofalantes que son vítimas da imposición, discriminación, por só falar en galego... lingua mater, lingua histórica, lingua colectiva e da memoria dun pobo.
Por iso, hoxe é un día feliz. Hoxe reivindicamos de corazón, o noso compromiso coa loita. Grazas queridas amigas e amigos por compartillar este día emblemático. Por acompañarnos e facer que nunca esquezamos esta presentación.
“Penúltimo Acto” (grupo de acción poética) desexa que gocedes destes poemas e que mañá, 25 de xullo, atrone Galiza enteira nun sismo co epicentro en Santiago. Percorrendo todos e cada un dos recunchos da terra para escoitarmos e escoitaren as voces que ao unísono cantan o Himno Galego, ondeando con orgullo unha bandeira e un idioma de seu.
Nestes tempos escuros, as verbas de Pondal adquiren máis forza...

“Galegos sede fortes
prontos a grandes peitos
aparellade os peitos
a glorioso afan
fillos dos nobres celtas
fortes e peregrinos
luitade polos destinos
dos eidos de Breogan”

domingo, 25 de julho de 2010

PENÚLTIMO ACTO en Compostela

Onte, sábado 24 de xullo, véspera da Patria. Penúltimo Acto presentou o seu primeiro libro de poesía ás 18:30h. en Sargadelos (Santiago). Grazas a todos os amigos e amigas por acompañarnos nun día memorábel.

sexta-feira, 23 de julho de 2010

Presentación en Santiago

"Penúltimo Acto" presenta mañá sábado, 24 de xullo véspera da Patria. O seu primeiro libro colectivo en Sargadelos, rúa Nova, ás 18:30 horas.
Os tres integrantes do (grupo acción poética): Cruz Martínez,Enrique Leirachá e rosanegra uniron forzas para facer este libro de poesía, como representación das súas inquedanzas lingüísticas e culturais.

sexta-feira, 16 de julho de 2010

Dibaxu/Debaixo

¿óndi sta la yave di tu curasón?/onde está a chave de teu coração?/
il páxaru qui pasara es malu/ o pássaro que passou é mau/
a mí no dixera nada/ a mim não me disse nada/
a mí dexara timblandu/ a mim me deixou tremendo/

¿óndi sta tu curasón agora?/ onde está teu coração agora?/
un árvuli di spantu balia/ uma árvore de espanto baila/
no más tengu ojus cun fanbre/náo tenho mais do que olhos com fome
y un djaru sin agua/ e um jarro sem água/

dibaxu dil cantu sta la boz/debaixo do canto está a voz/
dibaxu dila boz sta la folya/ debaixo da voz está a folha
qui'l árvuli dexara /que a árvore deixou
cayer di mi boca/ cair de minha boca/


É un poema de Juan Gelman do libro Dibaxu / Debaixo. Tradución do sefardí ao portugués, introdución (“As Línguas do Amor em Juan Gelman”), notas e un epílogo (“Homenagem Poética a Juan Gelman) de Andityas Soares de Moura. Colaboración enviada por Portal de Poesía.

segunda-feira, 12 de julho de 2010

Xéanseme os pés mais eu camiño


A decepción dorme
preto dun horizonte impreciso
dun traballo inseguro que pendura
......................................degoxos
na realidade do abismo
onde a letra pequena
acocha derrotados corazóns
............................asoballados
nos que parece habitar a morte lenta
......................................incorpórea
transitando estreitos accesos
que detectan fisuras
.............ángulos mortos
Entre a memoria e o mundo
............................sen destino
...............................suspendida
Quero que saibas
que a perspectiva futura
....................agora distorsionada
é a escravitude que invade
........................que se acepta
e se contempla sen bágoas

Cruz Martínez

quarta-feira, 7 de julho de 2010

Vídeo do acto na "Casa Museo Diego de Giráldez"

Fragmento da inauguración da Casa Museo. Saen neste vídeo: O grupo de gaita galega "Os Parrulos" de Vigo, "Penúltimo Acto" (Cruz Martínez, rosanegra e Enrique Leirachá) e o cantor Servando Barreiro.

segunda-feira, 5 de julho de 2010

IV Xornadas de portas abertas da Casa Museo Diego de Giráldez



O domingo día 4 de xullo, na Cañiza, "Penúltimo Acto" estivo na inauguración da Casa Museo do pintor e amigo Diego de Giráldez. Este mes estará aberto ao público todos os domingos de 17 a 20 horas. Aproveiten a oportunidade de ver a magnífica obra deste pintor galego contemporáneo.

sábado, 3 de julho de 2010

Cinexética ilustrada

Hoxe acertei na testa dunha rata

pero o perdigón rebotou

nin sequera a manquei

(merda o resorte vai gasto)

Do andar cociña váter o cuarto partillado co meu irmán

espazos ilustrados son

ao patio de luces dan

Mentirosa estructura alienante a semántica enganosa

patio de luces?

cinza en sórdido ventre sen luz

No fondo edén arcadia

na ágora da arqueta fecal

carreiras

cópulas

grandes sínodos celebran

Se en vez de escopeta de perdigóns

tívese unha cámara de cine

(coma os meus tíos que traballan na Alemaña)

rodaría documentais

A apaixoante vida do ratume ilustrado

Darlle chumbo as ratas

aléntanos mamai

Mario Pardo