terça-feira, 30 de março de 2010

soño


unha noite é un fracaso
na procura do mal que esta por vir
escandalizando a estancia
por o ir e vir das bestas.

unha noite é un dia enteiro a escuras
espido ante un mesmo
unha coitelada de perfil no peito´

un soño no que das ramas das arbores
saen versos da súa medula
envoltos en papeis de cores
nun bosque cheo de pasadizos secretos.

un banquete para os mortos
unha gloria de baleiro
un anxo ataviado con cananas
e tocando unha trompeta.

sombras que bailan enigmas
entre os dedos das mans
cargadas de literatura.

azoutándome eu dos meus propios golpes
fendidos os ollos por un fío de luz
un animal en loito tendido na herba.

unha canción que non se pode
cantar por medo
que non ten musica nin letra
que cada vez que se entoa
erguese a brétema e a leva.

un labirinto acariñando
unha esperanza que non existe
que vai abrindo a pel
para meterse o mar dentro dela.

enriba dunha ponte
empuxan tres homes un carro
tirado por vacas pintadas de cal branco
para logo deixalas caer
sobre a miña cabeza
non hai quen sexa capaz de cerralos ollos
e a boca para expresar tanto espanto.

o dia esperta dentro dun tarro
onde medra un xasmín
e no seu vidro vese o meu corpo espido
e dende el apuntando a miña verga.

desexando ser vencida entre os doces pliegues
da pel húmida da amasia.

unha noite é un soño
que non ten musica nin letra
que cada vez que se entoa
erguese a brétema e o leva.

Enrique Leirachá.

Sem comentários:

Enviar um comentário