...Nós, Penúltimo Acto, gozamos cos cinco sentidos deste acto que é tan voso coma noso.
domingo, 31 de outubro de 2010
As primeiras imaxes do Círculo
...Nós, Penúltimo Acto, gozamos cos cinco sentidos deste acto que é tan voso coma noso.
quarta-feira, 27 de outubro de 2010
Este sábado no café UF

segunda-feira, 25 de outubro de 2010
A cor da auga
A túa cor é a cor da auga,
oh corpo da linguaxe,
alí onde a auga é
lévedo, raio ou lume.
A auga acéndese e convértese en raio, convértese
en lévedo e en lume,
en nenúfar
que pide a miña almofada
para durmir...
Oh río da linguaxe,
viaxe comigo dous días, dúas semanas
[polo lévedo dos secretos,
recolleremos mares, descubriremos madreperlas,
choveremos rubís e ébano,
aprenderemos que a maxia
é unha fada negra
que non se namora máis que do mar.
Viaxa comigo,aparece aquí...desaparece alí...
e pregunta comigo, oh río da linguaxe,
pola cuncha que morre para converterse
en nube vermella
de choiva,
en illa
que camiña e voa,
pregunta comigo, oh río da linguaxe,
por unha estrela cativa
nas redes da auga
que leva entre os seus peitos
os meus últimos días.
Pregunta comigo, oh río da linguaxe,
por unha pedra da que brota a auga,
por unha onda da que nace a rocha,
polo animal do almiscre, por unha pomba de luz.
Descende comigo pola lumieira das tebras
ao lugar
onde habita o tempo roto,
para que a linguaxe sexa
un poema que se viste co rostro do mar.
ADONIS (Siria)
Traducido ao galego por rosanegra
quinta-feira, 21 de outubro de 2010
João Rios
domingo, 17 de outubro de 2010
Encontro Poético
terça-feira, 12 de outubro de 2010
salvapatrias.

sen arranxar nada que se saiba
pendentes dun fío
aprender a nadar na propia falsidade
esa mascariña obxectiva
do salvapatrias científico
cun marxe de error minúsculo
e entendemento perfecto
traizoados polos músculos
becarios cerebrais e eternos
que importa esta pifia
vivir na inopia
cando se trata de con uñas e dentes
defender a vosa sagrada obra
mentir polo ben alleo
converter á vítima en agresor
sabedes todo
dende o que pensamos
ata o que comemos
estes novos profetas
armados dun libriño en cada man
tratando de topar aínda
o estado utópico
entre a súa urticaria estalinista
pobres salvapatrias
dades por feito
que a vosa existencia
remontase ao inicio dos tempos
que seria do pais sen tales próceres
da lingua, do universo
e da eficacia dos antibióticos
salvapatrias
exentos de escrúpulos
estades empeñados en crer
que só sabedes vos o que quere o pobo
seguide ignorantes
a levarlle brotes de acacia negra
aos vosos ilustres defuntos
coa vosa cabeza chea de loureiros
pois a liberdade é pouca cousa para vos
así se van as cidades e os seres
ditosos confidentes
sodes peor que os porcos
non se vos aproveita a carne
non se vos aproveita o abono
nin para facer lume vale a vosa dialéctica
salvapatrias patéticos
sexta-feira, 8 de outubro de 2010
O PAN,
o alimento que nutre
a milleiros de persoas
no pasado
no presente
no futuro
O PAN, de cada día
O PAN,do traballador
a masa fermentada
o formato calorífico
o sustento corporal.
O PAN é eterno
atemporal
sinxelo e perfecto.
Eu, quero aquel pan
o pan da PANIFICADORA
o que ten historia
o que hai escrito nas pedras
que adormecen esquecidas
na gran cidade gris
e o edificio segue ulindo
a PAN,
e a tempos pasados.
Eu só quero, pan...
DÁDEME PAN!!!
rosanegra