domingo, 21 de novembro de 2010

Presentación+ Círculos Poéticos Abertos na Esmorga en Ourense



Nestes días publicaremos o vídeo deste acto. Estade atentos!.

1 comentário:

  1. Lucía F López Pérez22 de novembro de 2010 às 09:52

    Sou Lucía F López Pérez e respecto ao voso lugar de reunión habitual, café UFF teño unha crónica escrita no perfil facebookiano. O que explico é o seguinte :
    Hoxe, como xa fixera algunha vez, escollín como local para tomar o café de despois de xantar o coñecido CAFE UF (NEGRA SOMBRA BLUES) de Vigo. Ademais do café, intereseime polas actividades previstas no local, e informáronme que habería filme este mesmo domingo, intre no que fixen plan de volver. A visita estaba a ser moi agradable, non só pola decoración (moi bonita e ateigada de proclamas solidarios cos pobos oprimidos da Terra e outras cuestións deste cariz), senón porque me estaba a sentir ben alí, ao ver que existía outro tipo de locais e de persoas... ...pero entón chegou o intre pagar a consumición e decateime de que esquecera a carteira na casa. Sucedeu o seguinte:



    Indiqueille ao camareiro o que me pasara, e, para tranquilizalo con respecto á miña intención de pagar, propúxenlle deixar alí todas a miñas pertenzas (que incluía a cazadora, o móbil, unha bufanda, a mochila, os libros...) até que volvese coa carteira. O camareiro negouse a atender a razóns, retiroume a bebida de diante (aínda non a tomara) e díxome literalmente de moi malas maneiras “no quiero nada tuyo”, e logo volveu ao seu ordenador. Atónita, achegueime a el. Fíxenlle saber que me estaba a facer sentir mal coa súa actitude e xeito de reaccionar:

    - Pois isto non é un psiquiátrico –díxome entón, agora xa erguéndome a voz.

    Sentindo impotencia polo xeito no que me estaban a tratar, rompín a chorar. Foi entón cando un cliente, de nome Miércoles, ofreceuse a pagarme a consumición. Díxenlle que non era necesario, entre outras cousas porque viñan de retirarma e non chegara a tomala. Nese estado, doída, decidín volver a casa a pola carteira.



    Regresei ao local media hora despois, o tempo que levou ir e volver camiñando ás présas, e pedín un par consumicións, desta volta pagadas nada máis servir para tranquilizar ao camareiro. Mentres as tomaba estiven lendo artigos que trataban de “valores”, “principios”, “cambio social”, “da necesidade de que non prime só o mercantilismo”... Media hora despois, co par de consumicións xa abonadas, repetinlle ao camareiro que a súa actitude anterior me fixera dano. Fun tan inxenua que agardaba del unha desculpa, por mínima que fose, que alegase a súa conduta ao estrés... en fin, unha cordialidade mínima, ou algo que xustificase a súa actitude anterior. Foi entón canto, berrándome, buscando que ouvisen o resto dos clientes, me soltou:

    - Que te cres, que che ía deixar saír de aquí sen pagar?

    - Pero se xa che dixera que che deixaba aquí as miñas cousas como garantía! –respondín ser erguer a voz e a piques de saloucar.

    - Que me deixes as cousas non me vale! –insistiu berrando aínda máis.

    Eu quedei de pedra. Esperaba unha desculpa, un mínimo de amabilidade, e non só non se me concedía esta, senón que me volvía a berrar como se fose unha nena pequena. A realidade era que voltara porque a miña autoestima mo pedía, e, nese momento, despois de ter regresado apesares da súa mala educación inicial, coas consumicións xa pagadas, non só non depoñía a súa actitude, senón que parecía que estivese molesto polo feito de que tivese regresado, pagado, e decepcionado así o prexuízo inicial que o levara a considerar que trataba de enganalo.

    - Esta actitude non che parece contraditoria co que propugnades no voso local? –reprocheille.

    E flipade coa súa réplica literal:

    - Pero ti que te cres? Isto é só propaganda, todo mentira.

    Tras esta aseveración, conclúo que este local non paga a pena.

    Nada me resulta máis irritante que algo tan importante e necesario como a solidariedade se empregue como simple estratexia de marketing.

    ResponderEliminar