domingo, 16 de janeiro de 2011

Entra connosco no movemento circular!!!


Na foto: Vicente Castaño, Iria Bragado, Roi Ferreiro, Jaime Moreda, Cruz Martínez, Simón Cabo, Dara Escribano e rosanegra.


O movemento circular pode ser imparábel, se todas e todos empurramos del coma se fose unha roda xigantesca. Podemos facer moitas cousas xuntos neste microcosmos que nós, "Penúltimo Acto", formamos coa idea e o desexo de sermos un todo por vós... un trípode que sosteña estes actos.
Cada Acto é sempre, un Penúltimo momento de verbas vivas que nos abranguen nun Círculo Poético para abrirnos máis aínda cara á Acción Poética.

1 comentário:

  1. Disque non para a posibilidade de fixar o movemento centrípeto vs centrífugo, verbigracia, pa' trás pa'diante

    Disque é un circo e espectáculo
    sen igual, nin final. Conflicto.STOP

    PAAA RAAA. Entre todo e nada fica unha liña afectada pola baixada da dignidade e a subida da indignación.

    Deixo a lírica aparte, aside in injlis, porque xa está ben de manosear o patrimonio e a intelixencia sen sacarlle un froito.

    E a evasión non paga a pena, dígovolo eu que non son máis que virtual. Pois entre estar evadidos e lermos a ridícula mecánica moderna, estamos na mesma.

    Efemérides Todo, de feito emparentado con Case Todo, ao fin eramos curmáns segundos por parte de tía aboa do seu pai, en definitiva, irmán de Antónimo. Xa volo presentarei algún día.

    P.D. Pss enng anne oh unfri quefri, botalle un piti, que non facemos nada. G.G - F.X. - 27-X

    ResponderEliminar