segunda-feira, 20 de agosto de 2012

CARNÉ DE IDENTIDADE

                    
                         2

Digo na radio... Dille que estou ben.
Digo ao paxaro
se chegas a vela, paxariño,
non me esquezas e di: Ben.
Estou ben.
Estou ben.
Aínda teño visión nos ollos!
Aínda hai unha lúa no ceo!
E o meu vello traxe, ata o de agora, non son farrapos,
as mangas están resgadas
pero amañeino... e aínda está ben.
E fíxenme un mozo de máis de vinte.
Imaxíname... fixen os vinte.
E fíxenme mozo, mamá.
Enfronto a vida
e levo cargas coma fan os homes
e traballo
       nun restaurante... e frego pratos.
E fago café para os clientes.
E poño sorrisos na miña cara triste
para contentar os clientes.

Mahmud Darwix
Traducido por Moncho Iglesias Míguez e Samar Sabat.

Sem comentários:

Enviar um comentário