![]() |
O pintor falando da súa obra. |
Rosa, Cruz , Diego e Elfa posando ao rematar o acto. |


![]() |
rosanegra recitando un poema inspirado no Realismo NAS |
![]() |
Cruz Martínez recitando uns versos a un cadro do autor. |
Sábado 6 de agosto, A Cañiza.
Celebrouse o acto de apertura do Museo, na Casa da Cultura Municipal ás 19:00 horas. Este recoñecido pintor que creou unha realidade enchoupada de misterio, chamada Realismo Nas, encheu coma sempre un auditorio entusiasmado e admirado pola grande obra artística dun xenio do pincel.
Diego de Giráldez realizou 346 exposicións e os seus cadros conquistaron 140 museos de 16 países de África, Asia, América e Europa. Ten unha bibliografía de 32 libros e escribiron sobre el distintas personalidades: Críticos de arte, políticos, poetas, escritores...
Non perdan a oportunidade de achegarse á Casa Museo Diego de Giráldez, quedarán sorprendidos e certamente... repetirán.
Sem comentários:
Enviar um comentário