![]() |
"Soño" obra pictórica de Diego de Giráldez. |
Poema baseado neste cadro
Teño un mundo acubillado na miña boca
translúcido
Outro xace na superficie
No trazo do meu ventre
Definitivamente
son unha muller que permanece impávida
O elemento senlleiro nun cuadrilátero
Levítanme pequenos universos cara o meu ombreiro
Deséñanseme átomos circulares na chambra azul
e os meus ollos
pérdense no fondo nigru
impenetrábel
e fico, neste soño que se repite
unha e outra vez
Suspensa neste marco NAS
Natural, Abstracta, Surrealista, Real
A miña imaxe vai comparecendo aos poucos
na escura tea
Na escena melancólica dunha noite pecha
Estou inmersa na culta enerxía
que reflicte do cadro
Unha porción de madeira marrón
sostenme
e eu, habilito a penumbra deste lenzo
coma un limiar
Ábrense diálogos, transcricións
pecho os ollos
e a luz transita polos interiores
coma un facho
coma un mainel
Tan só
a existencia xacía pronta a expresarse
na harmonía que mora neste fragmento
na liña que evoca as lindes
do tempo e da memoria
Cruz Martínez
Cruz Martínez
Sem comentários:
Enviar um comentário