![]() |
Manuel Vidal Villaverde a carón do seu admirado Valle-Inclán |
II
REGRESO
A Miguel Anxo Fernán-Vello
ROCOCÓ das vellas feridas,
barroquismo nos rostros,
vento naif na alma dos inocentes,
toda unha canción beiral de setembro:
Un negro de espello bebe coca-cola
mentres a tarde le a páxina glauca
dos primeiros ollos.
Pero todo parece ausentarse de si,
as palabras, os acenos,
a música en curva onírica de sol,
clave maior onde penduran as últimas notas,
o viaxeiro que outra vez regresa a este outono.