domingo, 26 de fevereiro de 2012

A SOMBRA DO INIMIGO

Manuel Vidal Villaverde a carón do seu admirado Valle-Inclán



II
REGRESO

              A Miguel Anxo Fernán-Vello

ROCOCÓ das vellas feridas,
barroquismo nos rostros,
vento naif na alma dos inocentes,
toda unha canción beiral de setembro:
Un negro de espello bebe coca-cola
mentres a tarde le a páxina glauca
dos primeiros ollos.
Pero todo parece ausentarse de si,
as palabras, os acenos,
a música en curva onírica de sol,
clave maior onde penduran as últimas notas,
o viaxeiro que outra vez regresa a este outono.

Sem comentários:

Enviar um comentário