Hoxe acertei na testa dunha rata
pero o perdigón rebotou
nin sequera a manquei
(merda o resorte vai gasto)
Do andar cociña váter o cuarto partillado co meu irmán
espazos ilustrados son
ao patio de luces dan
Mentirosa estructura alienante a semántica enganosa
patio de luces?
cinza en sórdido ventre sen luz
No fondo edén arcadia
na ágora da arqueta fecal
carreiras
cópulas
grandes sínodos celebran
Se en vez de escopeta de perdigóns
tívese unha cámara de cine
(coma os meus tíos que traballan na Alemaña)
rodaría documentais
A apaixoante vida do ratume ilustrado
Darlle chumbo as ratas
aléntanos mamai
Sem comentários:
Enviar um comentário