
e unha anguria parecida ao veludo
cada latexo, cada segundo afógame
mátame salvaxemente
ata caer na miña propia vertixe
para volver recompoñerme ata o fastío
non estou mentres van pasando outros
esta resignación cravada no meu peito
vaime desangrando cada día
non sei onde estou por momentos
nin a penas que fixen para sentir
todo o que me arrodea como alleo
non sei se é mellor quedar en silencio
ou vendar os sentidos
non sei o que é de min
e tampouco o que de min queda
puidera pensar de mudar este pensamento
e que síntome tranquilo ao dicilo
no fondo ti tamén sabes que non é tal
que estou moi doído
podes ver como paso a miña man pola gorxa
e tento esganarme
como probo a facelo unha e outra vez
como me contorsiono
e aínda me queda un anaco de excitación
sabes teño gañas de rematar dunha puta vez
pero vou tentar comportarme
vou dicircho doutra forma
agora case adiviño o que estou a facer
pois sei que perdín a presa
dende que a noite deixou de ir
da man do día
e todo parece correr para repregarse
nun sobresalto
neste obsesionante desexo.