sexta-feira, 2 de abril de 2010

abril


recordo a mañá
como se a parira
entre os meus labres secos
ao pronunciarte
para logo esganar
as horas nas pálpebras,
o fume do café,
as gotas de auga
que salpican os coches
ao pasar pola rúa
separando os teus ollos
dos meus,
as man índose
por momentos,
pipa de fumar, tabaco,
cunca, pano,
un encrucillado
por rematar,
algo que me impida
tocarte
por medo a romperte
e non por que non quera
dulce-romperte
entre os meus dedos
e quedar impune.

Enrique Leirachá.

1 comentário:

  1. Cando o levas ao teu ámbito emociona moito máis!!

    ResponderEliminar